Sesión maxistral |
A6 A41 B1 B3 B12 C1 C2 C3 C4 C6 C8 |
A asistencia ás sesións maxistrais cualificarase con 0; 0,5 ou 1 punto en función de que se obteña a presenza na maior parte dos controis periódicos que se realicen ao longo do curso.
Entre o 70 e o 100% da asistencia = 1 pt
Entre o 50 e o 70% da asistencia = 0,5 pt
Menos do 50% = 0 pt |
10 |
Saídas de campo |
A6 A41 B1 B3 B12 C1 C3 C6 C8 |
A realización da visita ao Servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e a entrega da correspondente memoria contribuirán sumando 0,5 puntos. |
5 |
A avaliación descrita (ITINERARIO ORDINARIO) é obrigatoria para todos os alumnos con matrícula ordinaria na Primeira oportunidade (xuño). Para a Segunda oportunidade (xullo) e na Oportunidade adiantada de avaliación (decembro, ITINERARIO ADIANTADA), o alumno pode elixir o sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (sempre que entregase en prazo as actividades académicas deseñadas para o curso) ou a avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final (ITINERARIO FINAL), indicándoo por escrito na proba mixta o día da data oficial para a realización do exame. Os alumnos con matrícula a tempo parcial poden acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final) tanto en Primeira como en Segunda oportunidade (ITINERARIO TEMPO PARCIAL) e adiantada (ITINERARIO ADIANTADA). Avaliación ITINERARIO ORDINARIO (aplicable en Primeira e Segunda oportunidade): 1.- Traballo tutelado 15% 2.- Proba mixta con nota superior a 4 puntos 65% 3.- Sesións maxistrais 10% 4.- Prácticas de laboratorio 5% 5.- Saída de campo 5% Avaliación ITINERARIO FINAL, ITINERARIO TEMPO PARCIAL e ITINERARIO ADIANTADA (aplicable só en Segunda e Oportunidade adiantada para alumnos con matrícula ordinaria e en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada para alumnos con matrícula a tempo parcial): 1.- Proba mixta 100% A avaliación en segunda e posteriores matrículas do alumno será a mesma que para primeira matrícula, coa excepción de que se conservará durante dous cursos académicos a porcentaxe da nota final obtida pola avaliación das Prácticas de laboratorio e Saída de campo
|