Teaching GuideTerm Faculty of Nursing and Podiatry |
Grao en Podoloxía |
Subjects |
Prácticum 2 |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2015/16 | |||||||||||||
Subject | Prácticum 2 | Code | 750G02034 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
Fourth | Obligatoria | 12 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Objective test | A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A60 A62 A64 | Ao longo dos días de xaneiro marcados no calendario oficial de exames, realizarase exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa. Este exame será de carácter práctico clínico con pacientes reais, sen esquecer a base da aplicación da teoría á práctica. Será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores que de cada servizo. O tipo e a planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data de exame. Este exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodología e Cirurxía do pé e outra correspondente co Servizo de Patoloxía mecánica e Tratamentos físicos e ortopodológicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes. A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame Quiropodología e Cirurxía=20 %; Exame patomecánica-ortopodología=20 % |
40 |
Clinical practice placement | A53 A52 A51 A50 A48 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A41 A40 A39 A38 A37 A36 A54 A55 A60 A62 A64 B21 B19 B18 B17 B16 B14 B11 B7 B6 B4 B3 B2 C1 | A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumno das competencias a desenvolver neste Prácticum II. A cualificación final obterase da recollida dos coñecementos, habilidades e actitudes que cada profesor recollerá nas prácticas supervisadas do seu servizo. A porcentaxe global de cada servizo é: - Prácticas Quiropodología e Cirurxía= 16 % - Prácticas Patomecánica-Ortopodología= 16 % - Prácticas Traumatología= 4 % - Prácticas Externas e Hospitalarias (outros servizos: Cámara Hiperbárica...)= 4 % Sendo necesario superar cada apartado (5/10) para superar as prácticas clínicas e a materia. Para a avaliación contínua das prácticas clínicas avaliaranse os seguintes ítems nunha ficha individual por alumno/a: - Capacidade de expresión e comunicación co paciente, compañeiros e resto do persoal. - Co paciente valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación en todo o proceso de atención clínica, desde a anamnesis ata a prescrición terapéutica - Coñecemento profesional na toma de decisións de exploración, diagnóstico, racionalización das probas complementarias, diagnóstico e manexo terapéutico - Habilidade na utilización de instrumental, material e maquinaria para a aplicación, administración e fabricación de tratamentos - Capacidade de iniciativa, traballo, responsabilidade, organización e planificación - Asistencia, puntualidade, interese e colaboración no traballo A fin de manter informado o alumno dos seus progresos e carencias, a principios do mes de novembro informarase as cualificacións obtidas ata a data por cada alumno na avaliación continua en cada un dos servizos da CUP. |
40 |
Student portfolio | A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 | A cualificación desta parte consiste na avaliación de todas as actividades individuais ou en grupo que se programaron nas sesións clínicas e seminarios descritos na planificación e metodoloxía do portafolios A porcentaxe global de cada apartado do portafolio será: - Caso clínico = 10% - Actividades de sesións clínicas = 7% - Reflexión sobre as prácticas clínicas = 3% Sendo necesario superar cada apartado para superar o portafolio e a materia. Nos casos clínicos xustificaranse os procedementos realizados e valorarán as alternativas en base á bibliografía científica, o grao de evidencia e documentación fotográfica así como a calidade xeral de mesmo, así como a adaptación aos formatos e apartados marcados |
20 |
Assessment comments | |||
Condicións a ter en conta para superar o Prácticum 2: 1) É obrigatorio asistir ao 100% das prácticas clínicas. O alumnado que falte aínda de forma xustificada a un número de prácticas maior ao 10% (5 faltas) poderá supor un suspenso no Prácticum 2 debendo de matricularse no seguinte curso académico. En calquera caso un número de faltas ás prácticas superior ao 30% suporá automaticamente a cualificación de Non Presentado no conxunto da materia tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, debendo de matricularse no seguinte curso académico. Situacións especiais de avaliación 1) A cualificación de matrícula de honra: dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecido, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba obxectiva, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/as 3 días antes da data de actas. |
|