Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A2 A4 A11 A15 B3 B4 B5 B7 C1 Exposición nas aulas dun asunto do programa, previamente acordado coa profesora. Deberá facerse seguindo un esquema, que logo será entregado á profesora. 20
Proba mixta A1 A4 A7 A11 A15 A17 A19 B1 B3 B4 B5 B6 C1 Realización dunha proba escrita e/ou oral relativa aos contidos e ás lecturas da materia. 40
Lecturas A1 A2 A4 A7 A17 B3 B6 B7 C6 Valorarase a realización das lecturas definidas para a materia.
A profesora asignará a cada estudante unha lectura sobre a que deberá realizar un ensaio orixinal dun máximo de 1.500 palabras.
20
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 Valorarase a implicación da/o estudante nas lecturas e comentarios de textos críticos, historiográficos, xornalísticos, literarios etc. que serán realizados nas aulas. 10
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A14 A19 B3 B5 B8 Valorarase a asistencia aos eventos científicos e/ou divulgativos indicados pola profesora. A avaliación farase tendo en conta a ficha que deberá cubrir o alumnado. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.


O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo establecido nas aulas. 

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación.

1. OPORTUNIDADE DE XULLO

Deberánse presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. 

O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta.

2. NON PRESENTADO

Será considerado NON PRESENTADO/A o/a estudante quen non se presente á proba escrita. 

3. DISPENSA ACADÉMICA

Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:

1. Proba mixta (50%).
2. Lecturas (25 %). 
3. Presentación oral (25%).
Para fixar os asuntos específicos das actividades 2 e 3, o alumnado deberá pórse en contacto coa profesora Teresa López (t.lopez@udc.gal) antes do día 30 de febreiro.

4. ALUMNADO REPETIDOR

O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas deberá comunicalo a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 15 de febreiro. Neste caso, o seu sistema de avaliación será similar ao do alumnado con dispensa académica.

5. ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE HORARIA POR RAZÓNS LABORAIS

O alumnado que tiver horario laboral incompatíbel co seguimento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica deberá comunicalo a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 15 de febreiro. Unha vez realizadas as oportunas comprobacións, poderá ter as condicións de avaliación recollidas no punto 3. 

6. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO

Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral (50% da cualificación) que versará sobre as lecturas propias da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes