Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A8 A9 A10 A12 A20 A21 A23 A25 A29 A33 A34 A36 Fomenta a capacidade de explicación de argumentación persoal e grupal e o descubrimento da potencialidade do intercambio e transmisión da información a nivel oral ou conversas reflexivas dos distintos temas estudiados e experienciados. 20
Obradoiro A8 C6 C7 C8 O traballo realizado sobre a búsqueda e estudio de distintas realidades sociais no marco da socioloxía da educación é de suma importancia para un bon manexo, adaptación e aplicación dos feitos socioeducativos. 5
Traballos tutelados A1 A8 A9 A21 A23 A25 A29 A31 A32 A33 A34 A35 A36 B5 B10 B12 B13 B16 B18 B19 B20 B27 C1 C4 C8 A través destes traballos, debidamente presentados, organizados nun cartafol, e en formato dixigital tamén, serven para evaluar e considerar tanto os coñecementos como as habilidades adquiridas durante o curso e as distintas actividades realizadas, como o esforzo, a dedicación e o traballo de colaboración personal e grupal levado a cabo de xeito continuado de cada unha das persoas dos grupos. 25
Aprendizaxe colaborativa A21 A23 A25 A29 A32 A33 A34 A35 B5 B10 B12 B13 B18 B19 B24 B27 C4 C7 C8 A aprendizaxe colaborativa exixe responsabilidade persoal e social, sirve para incrementar as aprendizaxes teórico experienciais e activar mecanismos de comportamento en favor da colectividade e dun bo clima social. 20
Recensión bilbiográfica A8 A9 A10 A12 A34 A35 A36 B5 B10 B12 B13 B18 B19 B24 B25 C8 O valor das lecturas reflexionadas e enriquecidas pola propia experiencia vivida persoalmente e tamén das demáis persoas axuda a fomentala creatividade nas posibles solucións ás “problemáticas” que suscita. Ademáis serve para a construcción de valores positivos en prol da colectividade cando e fruto dunha reflexión dialóxica. Polo tanto estas lecturas terán que ser relacionadas co resto das actividades prácticas realizadas durante o curso, polo que a súa valoración levarase a cabo tamén a través das transferencias de coñecemento realizada e a súa evaluación darase tamén a través das outras actividades dun xeito paulatino e continuado de aprendizaxes significativas dunha avaliación continua, guiada e presencial. 25
Actividades iniciais A19 A23 A34 A35 A36 B5 B10 B12 B13 B16 B18 B19 B20 B25 B27 C8 Para a comprensión de todo o procedemento de ensinanza-aprendizaxe da asignatura. As tarefas a realizar, a súa secuenciación aproximada das diversas actividades de formación continua e a súa evaluación. A participación nestas actividades será avaliada a través das aprendizaxes significativas dunha avaliación continua, guiada e presencial. 5
 
Observacións avaliación






Será obligatorio para todo o alumnado a entrega dunha ficha con foto actualizada cos datos de cada alumno/a á profesora.


A Proba mixta de exámen (valorada sobre 5 puntos como máximo) será realizada polo alumnado que non opte por obter unha calificación mediante o proceso de avaliación continua da elaboración e entrega de traballos prácticos tutelados nas datas fixadas pola profesora. No obstante, para poder presentarse ó exámen será obligatoria a presentación do traballo de Recención Bibliográfica da bibliografía obligatoria traballada no seu conxunto  para estes casos (este traballo de recensión será valorado sobre 2,5 puntos) e ter unha asistencia asidua (do 90%) ás clases da asignatura.


Na nota final, terase en conta a asistencia e participación positiva do alumnado nas diferentes actividades da asignatura, de xeito moi especial, todas aquelas que conleven a responsabilidade de acadar obxectivos grupais, para o ben común que formará parte da avaliación final de cada persoa.


*Os criterios e a planificación desta guía docente son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado e segundo o criterio da profesora poderán ser obxecto dalgunha adaptación para superar casuística específica e debidamente xustificadas do alumnado. Todo isto deberá ser debidamente informado e xustificado á profesora no horario de titorías fixado para ser tratadas as excepcións á norma e explorar e poder entón decidir as posibibles adaptacións ou non das casuísticas irregulais.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes