Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Fisioloxía do exercicio I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A14 A27 A29 B1 B7 B9 B11 C3 C6 Ver a continuación. 100
 
Observacións avaliación
IDIOMA. Todas as probas de avaliación desenvolveranse en CASTELÁN.

Avaliación inicial
Proponse unha avaliación inicial, que non se terá en conta para a cualificación final. Constará de probas NON PRESENCIAIS de resposta múltiple desenvolvidas a través da plataforma de tele-ensino da UDC (Moodle). Servirá para que cada alumno ou alumna identifique o grao de coñecemento previo sobre os contidos necesarios para un progreso adecuado na materia. A través da plataforma ou por medio de titorías, o profesor proporcionará orientación e consellos para axudar a superar as deficiencias detectadas.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE (xuño)

SÓ SE CONTEMPLA UNHA AVALIACIÓN CONTINUA que incluirá unha actividade de avaliación para cada tema (avaliación formativa) e unha actividade final (exame final) na data da primeira oportunidade (xuño). A avaliación formativa supoñerá  o 70% da cualificación final e o exame final o 30% restante. Para aprobar a materia será necesario obter unha cualificación final igual ou superior ao 50%.

Avaliación formativa (70%)

Para participar nesta avaliación será necesario responder de forma ordenada e secuencial á proba obxectiva de todos e cada un dos temas. A través da plataforma de tele-formación, cada alumno dispoñerá de 3 intentos en cada tema que poderá responder de forma NON PRESENCIAL en 3 días diferentes. Destes tres intentos elixirase a cualificación máis alta para o cálculo da nota da avaliación formativa.

Antes de acceder á proba do primeiro tema, o alumnado deberá contestar ás probas que se contemplan nas actividades iniciais. Comezarase polo tema 1 e só se poderá acceder ao seguinte, en orde sucesiva, sempre que a media dos tres intentos no tema anterior supere o 30%.  Se non se superase o 30%, perderíase o dereito á avaliación formativa e para superar a materia o alumno ou alumna só podería optar á avaliación global da segunda oportunidade (xullo). Para que este proceso teña un carácter verdadeiramente formativo, establecerase un calendario o suficientemente flexible para cada cuadrimestre, cunhas datas límite para responder a cada módulo.

Para superar a avaliación formativa, a media ponderada de todos os módulos ha de ser igual ou superior ao 50% e a de ningún módulo poderá ser inferior ao 40%. En caso contrario, non se poderá optar ao aprobado na primeira oportunidade (xuño)  e só se poderá superar a materia na avaliación global da segunda oportunidade.

Para calcular a media ponderada, o peso dos módulos será: M1 = 5,26 %; M2 = 15,79 %; M3 = 26,31 %; M4 = 36,84 %; M5 = 15,79 %.

A media de cada módulo obterase calculando a media simple das cualificacións máis altas obtidas en cada un dos seus temas.

Cada proba consistirá nun cuestionario online de entre 5 e 15 preguntas que poderán ser de diferentes tipos: test de opción múltiple, verdadeiro-falso ou de completar. O tempo de realización será de 1 minuto por pregunta.

Cada pregunta tipo test de opción múltiple terá 4 posibles respostas e puntuarase como segue: cada acerto valerá 1/nº de opcións verdadeiras e cada erro valerá -1/nº de opcións falsas. Desta forma, nunha pregunta con 1 opción verdadeira, o acerto valerá + 1 punto e cada erro - 0,33 puntos; con 2 opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,50 e cada erro - 0,50 puntos; con 3 opcións verdadeiras, cada acerto valerá 0,33 e cada erro - 1 puntos; con catro opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,25 puntos. No caso das preguntas de verdadeiro-falso ou de completar, cada acerto valerá + 1 punto e cada erro - 1 punto.

Actividade de avaliación final (exame final) (30%)

Esta actividade ten carácter PRESENCIAL. 

SERA OBRIGATORIO INSCRIBIRSE E ELIXIR HORARIO CUNHA ANTELACIÓN MÍNIMA DE 48 HORAS Á SÚA CELEBRACIÓN. Considerando o elevado número de alumnos e alumnas que se matriculan anualmente nesta materia, este requisito obedece á necesidade de organizar na plataforma os grupos e os horarios de celebración do exame, que serán de entre 25 e 50 persoas segundo a dispoñibilidade de espazo na aula. Para iso, avisarase a todo o alumnado con suficiente antelación e poderase realizar a inscrición a través dunha lista (enquisa) habilitada na plataforma Moodle.

Só poderán realizar o exame final (convocatoria da primeira oportunidade, en xuño) quen superase a avaliación continua. 

Para que esta proba se téña en conta no cálculo da cualificación final, a media ponderada de todos os módulos ha de ser igual ou superior ao 40% e a de ningún módulo poderá ser inferior ao 30%. En caso contrario, non se superará a avaliación continua e para poder aprobar a materia habería que acudir á segunda oportunidade. Utilizaranse os mesmos criterios de ponderación que na avaliación formativa.

A proba consistirá nun cuestionario de 95 preguntas que poderán ser de diferentes tipos: test de opción múltiple, verdadeiro-falso ou de completar. O tempo de realización será de 1 minuto por pregunta. Repartiranse da seguinte forma: 5 para o módulo 1; 15 para o módulo 2; 25 para o módulo 3; 35 para o módulo 4; 15 para o módulo 5.

Cada pregunta tipo test de opción múltiple terá 4 posibles respostas e puntuarase como segue: cada acerto valerá 1/nº de opcións verdadeiras e cada erro valerá -1/nº de opcións falsas. Desta forma, nunha pregunta con 1 opción verdadeira, o acerto valerá + 1 punto e cada erro - 0,33 puntos; con 2 opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,50 e cada erro - 0,50 puntos; con 3 opcións verdadeiras, cada acerto valerá 0,33 e cada erro - 1 puntos; con catro opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,25 puntos. No caso das preguntas de verdadeiro-falso ou de completar, cada acerto valerá + 1 punto e cada erro - 1 punto.

Cualificación final

A cualificación final obterase da media ponderada das cualificacións da avaliación formativa (70%) e do exame final (30%) sempre que se cumpran os requisitos mínimos esixidos en cada unha.

Alumnado con matrícula a tempo parcial

Non se contemplan alternativas específicas para o alumnado con matrícula a tempo parcial porque a única actividade presencial obrigatoria é o exame final e nas restantes dispoñen de suficiente flexibilidade de datas e horarios para que cada persoa poida organizarse segundo mellor conveña ás súas circunstancias.

Alumnado con diversidade funcional

Considerando que a diversidade funcional pode ser moi variada, non se propón unha solución concreta, pero si se contempla a posibilidade de establecer as adaptacións necesarias para atender de forma persoal e específica a cada un dos casos que se poidan presentar para garantir a igualdade de oportunidades. Nestes casos, o alumno ou alumna solicitaría un titoría co profesor para que este poida prestarlle a atención personalizada que requira e ofrecer as solucións máis adecuadas.

SEGUNDA OPORTUNIDADE (xullo)

Esta actividade ten carácter PRESENCIAL.

SERA OBRIGATORIO INSCRIBIRSE E ELIXIR HORARIO CUNHA ANTELACIÓN MÍNIMA DE 48 HORAS Á SÚA CELEBRACIÓN. Considerando o elevado número de alumnos e alumnas que se matriculan anualmente nesta materia, este requisito obedece á necesidade de organizar na plataforma os grupos e os horarios de celebración do exame, que serán de entre 25 e 50 persoas segundo a dispoñibilidade de espazo na aula. Para iso, avisarase a todo o alumnado con suficiente antelación e poderase realizar a inscrición a través dunha lista (enquisa) habilitada na plataforma Moodle. 

Para os alumnos que aprobando a avaliación formativa durante o mesmo curso suspenderan o exame final, contémplase a realización doutro exame final no que se respectarán as mesmas condicións que na primeira oportunidade, aínda que, na oportunidade de xullo só terían que examinarse dos módulos nos que non alcanzaran un 40%.

Para os alumnos que  non aprobaran ou non realizaran a avaliación formativa, só se contempla unha AVALIACIÓN GLOBAL (exame único) que supoñerá o 100% da cualificación final e para superala deberán obter unha puntuación de polo menos un 50% en todos e cada un dos módulos. A cualificación final calcularase cos mesmos criterios de ponderación que na avaliación formativa.

Ambas as probas consistirán nun cuestionario de 95 preguntas que poderán ser de diferentes tipos: test de opción múltiple, verdadeiro-falso ou de completar. O tempo de realización será de 1 minuto por pregunta. Repartiranse da seguinte forma: 5 para o módulo 1; 15 para o módulo 2; 25 para o módulo 3; 35 para o módulo 4; 15 para o módulo 5.

Cada pregunta tipo test de opción múltiple terá 4 posibles respostas e puntuarase como segue: cada acerto valerá 1/nº de opcións verdadeiras e cada erro valerá *1/nº de opcións falsas. Desta forma, nunha pregunta con 1 opción verdadeira, o acerto valerá + 1 punto e cada erro - 0,33 puntos; con 2 opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,50 e cada erro - 0,50 puntos; con 3 opcións verdadeiras, cada acerto valerá 0,33 e cada erro - 1 puntos; con catro opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,25 puntos. No caso das preguntas de verdadeiro-falso ou de completar, cada acerto valerá + 1 punto e cada erro - 1 punto.

OPORTUNIDADES POSTERIORES (cursos seguintes)

Para os cursos posteriores conservarase a cualificación obtida na avaliación formativa, sempre que esta fose aprobada, por tanto, as persoas que reunisen dita condición só terían que presentarse á proba final, nas mesmas condicións que os alumnos do ano académico en curso.

EN NINGÚN caso se conservarán módulos que se aprobaron de forma illada, tanto na avaliación formativa como nas avaliacións final ou global.

COLABORACIÓN OPTATIVA CON GRUPOS DE INVESTIGACIÓN (máximo 2 puntos)

Na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física desenvolven o seu labor investigador e docente dous grupos de investigación cuxas áreas de traballo están vinculadas co control motor e as respostas e adaptacións ao exercicio: Motor Control Group e Performance and Health Group.

Unha vez superada a materia, pódense obter 2 puntos extraordinarios, que se sumarán á cualificación final, colaborando activamente nas tarefas de investigación dalgún de ambos os grupos e/ou participando nos seminarios específicos que ofertan a tal fin. Esta colaboración será de carácter voluntario (NON É OBRIGATORIA) e non se terá en conta para alcanzar o aprobado. 

Participar nas devanditas actividades supón a posibilidade de aplicar na práctica os coñecementos e competencias adquiridos na materia e de profundar nos conceptos e no dominio técnico de moitos dos seus contidos. 

Finalizada a colaboración, o Director do grupo que corresponda outorgará a cada alumno unha cualificación entre 0 e 2 puntos que se trasladarán á cualificación final.

CUALIFICACIÓNS FINAIS

As cualificacións finais expresaranse mediante cualificación numérica, de acordo co establecido no artigo 5 do RD 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial. Estas cualificacións serán: 0-4,9=Suspenso; 5-6,9=Aprobado; 7-8,9=Notable; 9-10=Sobresaliente; a partir de 9 a Matrícula de Honra corresponderá (dentro do número máximo permitido) ás mellores cualificacións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes