Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Arquitecto
 Asignaturas
  Proxecto fin de Carreira
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba oral Os estudiantes expoñen públicamente, verbalmente e co apoio de TIC, os resultados dos seu proxecto fin de carreira ante o tribunal constituida para tal fin que o avaliará.
Saídas de campo A viaxe de estudios facilita o directo coñecemento dos lugares e arquitecturas sobre as que se traballa ou doutras análogas.
Sesión maxistral Destinada á introducción conceptual e a ofrecer a información necesaria para o desenvolvemento dos proxectos fin de carreira.
Análise de fontes documentais Antes de iniciar o desenvolvemento material do proxecto fin de carreira, procederase á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artigos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. A/O alumna/o analiza a documentación dispoñible e amplíala, elaborando unha síntese das distintas fontes documentais. Compleméntase esta análise con intervencións de profesionais da arquitectura e doutros campos, que serán invitados a efectuar charlas e coloquios con desenvolvemento de temas concretos e experiencias persoais.
Traballos tutelados O proxecto fin de carreira é o último traballo da/o alumna/o que haberá de verificar os coñecementos e competencias adquiridas durante a titulación. Trátase dun traballo individual. A titulación preténdese promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Refírese á aprendizaxe de "como facer as cousas", é o estudante o que asume a responsabilidade da súa formación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes