Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía | Código | 652G03038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A2 A5 A10 A14 B1 B3 B5 B6 C1 C2 C3 C4 | Na presentación participarán todas as/os integrantes do grupo. Empregarase parte do tempo reservado para as clases interactivas para elaborar a presentación en grupo. Cada presentación durará un máximo de 20 minutos e todas terán lugar nas clases interactivas durante o mes de Maio. Valoraranse os aspectos a seguir: • Calidade da participación na preparación desta actividade. • Relevancia e organización dos contidos expostos. • Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes). • Nivel de comprensión dos contidos básicos. • Capacidade analítica e de síntese. • Claridade expositiva. • Creatividade expositiva. --------------------------------------------------- |
40 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A5 A6 A8 A9 A10 A13 A15 A16 A21 B2 B4 C1 C2 C3 | O traballo será en parella ou individual, e terá como prazo de entrega o día do exame final. Empregarase parte do tempo reservado para as clases interactivas para elaborar o traballo. Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir: • Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, e corrección gramatical (30%). • Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica e de síntese), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (70%). |
60 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia será necesario obter, como mínimo, unha puntuación de 5 (de 10) e asistir a clase coa debida regularidade. Para que as dúas actividades de avaliación entren no cómputo final, será necesario obter polo menos un 4 en cada unha delas (presentación oral e traballo). Quen non obteña os mínimos de puntuación nalgunha destas dúas actividades de avaliación, pero asiste a clase coa debida regularidade, terá que presentarse ao exame final dentro das oportunidades dispoñíbeis. Neste caso o exame valeralle o 100% da cualificación. Así mesmo, no caso de obter unha puntuación máis alta no exame que nas outras actividades xuntas, primará a puntuación do exame. Se, asistindo a clase regularmente, se suspende unha das actividades, cabe a posibilidade de recuperar a actividade suspendida na segunda oportunidade sen ter que presentarse ao exame, pero esta posibilidade constitúe unha excepción que dependerá da valoración que faga a profesora das circunstancias concretas de cada caso. A presentación oral e os traballos tutelados non se poden recuperar despois da primeira oportunidade de avaliación porque son traballos elaborados a través da asistencia a clase e en grupo. Quen non asista a clase coa debida regularidade terá que presentarse a un exame final, que lle valerá o 100% da cualificación final. Excepcionalmente, a profesora poderá permitir que a/o estudante en cuestión participe dalgún modo nas outras actividades de avaliación. En tal caso, ponderará o valor do exame final en función do grao e da calidade de participación nas demais actividades da materia. O exame consistirá nunha proba mixta na que se especificará o peso de cada pregunta. Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual, e a corrección gramatical. Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical. |
|