Para superar a materia debe acadarse polo menos un 5 e ter en cada parte da proba mixta polo menos un 4. Se a cualificación resultante da suma de todas as actividades avaliables fose superior a 5, pero nunha das partes da proba mixta se obtivese menos de 4, a cualificación sería 4,9 (suspenso).
Considérase Non Presentado (NP) cando o alumno non se presente á proba do período oficial de avaliación.
As matrículas de honra concédense preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro).
Realizarase un exame parcial que en caso de aprobarse non terá que repetirse nas oportunidades de xaneiro e xullo.
Na segunda oportunidade (xullo), realizarase unicamente a proba mixta, as cualificación obtidas nos traballos tutelados mantéñense da primeira oportunidade.
No caso de situacións excepcionais debidamente justificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o estudante poida superar a materia tales como flexibilidade no prazo de entrega de traballos tutelados, flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos resultados da aprendizaxe.