As proxeccións demográficas supoñen un dos poucos "laboratorios" que se poden usar dentro das ciencias sociais. A través desta materia o alumno aprenderá a realizar proxeccións de poboación empregando o denominado "método das compoñentes", que consiste en proxectar por separado cada unha das variables que inciden no crecemento da poboación e a continuación aplicar os resultados desas proxeccións a unha poboación inicial, para observar cales poderían ser a evolución futura do seu volume e composición por sexo e idade.
O obxectivo da materia é lograr que os estudantes aprendan a facer análises proxectivas, mediante o establecemento de hipóteses razoadas sobre a evolución da natalidade, a mortalidade e as migracións. Os resultados permitirán aos alumnos avaliar o alcance de cambios no comportamento demográfico da poboación así como os efectos de medidas de políticas sociais vinculadas a estes cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías