A materia de Estancias Prácticas II aborda contidos prácticos tales como a observación e valoración inicial, a planificación da intervención sobre a contorna, e o rexistro da información de todo o proceso. Estes contidos traballaranse en grupo e de forma individual, de forma autónoma e tutelada. A realización das actividaes propostas no horario de clase é necesaria para a adquisición das competencias e as habilidades traballadas na materia: por todo iso, a ASISTENCIA É OBRIGATORIA E NECESARIA PARA A SUPERACIÓN DA MATERIA. PARA SUPERAR A MATERIA ESÍXESE UN 85% DE ASISTENCIA, PERMITINDO UN 15% DE AUSENCIAS DOCUMENTALMENTE XUSTIFICADAS.
Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades planificadas coa metodoloxía anteriormente proposta son a adquisición de coñecementos teóricos relacionados coa materia, a aplicación deses coñecementos á práctica tutelada, e o desenvolvemento do pensamento lóxico e crítico aplicado a situacións concretas. Por tanto, existirá unha avaliación continua da evolución observada no alumno, e unha avaliación dos traballos finais obrigatorios para a superación da materia.
Traballos finais obrigatorios para a superación da materia:
- Elaboración dun informe de análise dunha contorna urbana real, a través da observación e búsqueda de información indirecta.
- Realización de informes de accesibilidade sobre aspectos puntuais do entorno do Campus de Oza.
- Reflexión argumentada sobre saídas de campo.
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaínte 9-10 Matrícula de Honra (Graciable)