Proba obxectiva |
A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
A proba obxectiva consistirá no desenvolvemento de varias cuestións de carácter teórico que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. |
30 |
Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións: - Opción A. Para ou alumnado que asiste/participa nas actividades de clase:
a) Traballos tutelados e prácticas.
b) Un exame escrito sobre os contidos da materia dividido en dúas partes, unha teórica e outra práctica.
Entenderase que o alumno opta por esta opción ao asistir ás tutorías ou ao entregar algunhas das prácticas ou traballos propostos na clase. A cualificación final da materia obterase da ponderación do exame práctico -prácticas a través de TIC- (40%), exame teórico -proba obxectiva- (30%) e dos traballos tutelados (30%). Aquelas partes que teñan unha cualificación inferior a 3,5 puntos deberán ser repetidas en xullo (2ª oportunidade) independentemente da media obtida. Así mesmo, o alumno quedará liberado na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) das partes aprobadas na 1ª oportunidade.
- Opción B. Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase: un exame escrito sobre os contidos da materia (100%).
- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá tamén optar á opción A.
|