Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Turismo |
Grao en Turismo |
Asignaturas |
Fiscalidade Turística |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Fiscalidade Turística | Código | 662G01026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Nestas sesións traballaranse os contidos que integran o marco teórico da materia, mediante exposición oral do docente. Para iso utilizaranse medios audiovisuais. O obxectivo destas sesións é favorecer a aprendizaxe do alumno. |
Traballos tutelados | Con esta metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, preténdese que os estudantes asuman responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. En torno aos diferentes temas explicados nas sesións maxistrais propoñerase a realización dun traballo individual ou en grupo. |
Aprendizaxe colaborativa | O alumno, en grupo ou individualmente, ha de resolver casos prácticos en clase coa axuda do profesor para posteriormente discutir os resultados |
Proba obxectiva | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Consistirá na realización dun exame escrito final e que versará sobre aspectos teórico, prácticos ou teórico-prácticos correspondentes aos temas desenvolvidos nas sesións maxistrais |
|