Teaching GuideTerm Faculty of Work Sciences |
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol) |
Subjects |
Técnicas de Investigación Social |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2016/17 | |||||||||||||
Subject | Técnicas de Investigación Social | Code | 760G01020 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Second | Obligatoria | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Workshop | A18 A25 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B9 B15 C3 C6 C8 | A colaboración e o traballo en equipo son habilidades e méritos a ter en conta, de cara a unha mellor integración e contribución en futuros postos profesionais, que son principalmente en colectivos, tipo empresas, gabinetes, organismos, institucións, oficiñas, etc. De aí que se teña en conta o desenvolvemento, interese, participación e convivencia cos compañeiros por parte do alumnado. | 30 |
Supervised projects | A18 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B9 B15 C1 C3 C6 | De cara ao proxecto a investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto. Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións. As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega. |
20 |
Research (Research project) | A25 A31 A35 B1 B15 C8 | Consiste na redacción dun anteproxecto de investigación nunha temática relacionada con algún aspecto abordado na titulación e cunha orientación dirixida a facilitar a posterior realización da memoria fin de Grao. O alumnado, de forma individual ou colectiva, realizará o traballo/proxecto de carácter teórico práctico, no que se prestará especial atención ás funcións e efectos do emprego e os recursos humanos. Este traballo estará dirixido ou titelado polo profesor. O alumnado deberá recoller no mesmo os coñecementos aprendidos, a información secundaria recabada, así como outra de carácter primario que sirva para o propósito da investigación a realizar. Este traballo é a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflictir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesor e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos titelados. |
40 |
Oral presentation | A18 A31 B2 B3 B4 B14 B15 C3 C1 | Aínda que se trate de levar a cabo traballos de carácter colectivo ou integrados dentro dun entorno social determinado, tamén é necesario que o alumnado tome conciencia da súa contribución ao mesmo e saiba reivindicalo e expoñelo. De aí que se avalíe a presentación ao resto da clase dos respectivos traballos e/ou aportacións por parte do alumnado, de xeito individual. | 10 |
Assessment comments | |||
Esta materia está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilidade técnica, interese, actitude, etc.). De aí que a asistencia e a participación sexan tidas en conta á hora da avaliación.
A non asistencia ao 80% de las clases supón automáticamente que non se pode avaliar mediante este proceso e metodoloxía de claro carácter continuo, pasando por tanto a opción da avaliación mediante a proba ou probas obxectivas contempladas no calendario académico correspondente. Nos casos de realización de prácticas ou outras causas debidamente xustificadas, a porcentaxe necesaria de asistencia para poder ser avaliado mediante o sistema exposto nesta guía docente poderá ser do 60%, sempre e cando se acorde co profesor un seguimiento ou calquer outra forma para suplir as ausencias. A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico; sendo a asistencia, o interese, a participación, as valoracións propia e dos demáis compeñeiros e a exposición oral pública os outros pilares para a avaliación da asignatura. O traballo poderá ser individual ou colectivo, ponderándose a avaliación en base ao número de autores. Se ben se postula como fórmula ou indicación preferente a realización do traballo de maneira colectiva, en formato obradoiro e nas horas lectivas. Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas. Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua. Para o resto de convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que, ademáis dos contidos teóricos explicitados nesta guía e con base na bibliografía tamén exposta, se inclúe un soposto de carácter práctico. O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua. Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores. Básicamente, e para dicilo dun xeito sinxelo, trátase de ensinar e aprender esta materia cun plantexamento parecido ou imitando aos lugares de traballo sociolóxico, de maneira que o alumnado desenvolva capacidades de autoxestión e se familiarice con estos procesos, de cara a súa mellor integración e desenvolvemento no mercado laboral. De aí tamén que a figura do profesor se centre máis na orientación, guía, supervisión, corrección e estímulo durante as xornadas de traballo en clase. |
|