Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura e Xénero (Ámbito Hispánico)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A14 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C9 Os estudantes asistirán a algún evento ou conferencia das que se celebren no marco dalgún proxecto ou grupo de investigación e farán unha recensión completa da mesma; valorarase a comprensión da exposición e que saiban dar conta dela de modo completo e organizado. No caso de que non se poda contar con esta posibilidade, buscarase algunha outra actividade.
20
Obradoiro A2 A14 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C9 Valoraranse a participación nas aulas, así como os exercicios e actividades que o alumno leve a cabo nas distintas sesións, atendendo á súa capacidade crítica e ás súas achegas. 15
Proba mixta A2 A7 A10 A8 A9 A12 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C4 C7 C5 C6 C9 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que, a través de preguntas e exercicios varios, o alumno demostrará ter acadadi os coñecementos e competencias previstas.
Será moi importante tamén que neste exercicio ofrezca unha expresión acorde ao nivel dunha titulación de posgrao.
20
Traballos tutelados A2 A14 A7 A10 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C9 Os alumnos prepararán un traballo sobre algún aspecto relacionado coa materia que a profesora determine. Valorarase a aportación que o estudante faga, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica... Tamén serán tidas en conta as cuestions formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...).

45
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán actividades e exercicios realizados e entregados na data que se estableza, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisen en cada caso. Non se poderá
aprobar a materia sen acadar unha calificación mínima en cada un dos ámbitos contemplados na avaliación; se o estudiante prescinde dalgún deses instrumentos contará cun "Non Presentado".
Na segunda oportunidade (xullo), aplicarase o mesmo sistema de avaliación; no exame, que se celebrará na data oficial fixada pola Facultade, complementariamente o alumno dará conta, nese mesmo momento, das demáis actividades e exercicios que tiver pendentes.
Dase por suposta a asistencia ás aulas; aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida debe poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para establecer o
mecanismo de seguimiento da súa aprendizaxe. Alén diso, se algún alumno xustifica debidamente a imposibilidade de acudir ao evento divulgativo ou científico previsto, a profesora deseñará algunha outra proba ou traballo coa que se poda subsanar esa parte da avaliación.
A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo ha ser a que corresponde a unha titulación de posgrao (non só se tomará en conta, xa que logo, a correción
ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fóra da aula non garden relación coa das probas e exercicios que o estudiante realiza na aula baixo o
control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel ten elaborado sen axuda externa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes