A cualificación final será a
suma das seguintes contribucións:
- Proba mixta, até un máximo 7 puntos.
- Clases de "Solución de problemas"
+ "Obradoiros", até un máximo de 3 puntos.
A proba mixta, constará de dous parciais, o
primeiro deles realizarase antes de rematar o primeiro cuadrimestre e a súa
data será fixada no calendario de coordinación da materia. A esta proba SÓ
PODERÁN PRESENTARSE AQUELES ALUMNOS QUE TEÑAN ASISTIDO E PARTICIPADO COMO
MÍNIMO A UN 80% DAS ACTIVIDADES DOCENTES (PORCETAXE APLICADA TANTO ÁS SESIÓNS
DE DOCENCIA EXPOSITIVA COMO ÁS DE SEMINARIO E OBRADOIROS). O segundo parcial
realizarase coincidindo coa primeira oportunidade. Ambos parciais liberan
materia e para superalos será necesario obter un mínimo de 3,15 puntos (sobre
un máximo de 7 puntos) en cada un deles. A nota da proba mixta será a media das
cualificacións obtidas en ambos parciais. Se o alumno non alcanza a nota mínima
de 3,15 puntos nalgún deles, a cualificación final será a obtida no parcial de
menor puntuación, e non se terá en conta a nota de clases de solución de
problemas e obradoiros. Tanto na primera como na segunda oportunidade o alumno poderase
examinar das probas parciais pendentes. A nota das clases de solución de problemas e obradoiros manterase para o cómputo da cualificación final na segunda oportunidade.
Con todo, para superar a materia será necesario acadar
polo menos 5 puntos entre a proba mixta e seminarios/obradoiros, sempre coa restrición
de ter obtido na proba mixta un mínimo de 3,15 puntos (sobre 7).
Dado que a cualificación se basea no modelo de
avaliación continua, valorarase especificamente a progresión do alumno ao longo
de todo o cuadrimestre cun máximo de 1 punto, que se poderá sumar á
cualificación final sempre que se teña superado o mínimo na proba mixta.
De acordo con esta metodoloxía de avaliación,
considerarase que o alumno se presentou á avaliación se participou activamente
en calquera das actividades de xeito que o grao de participación no seu
conxunto supoña máis do 20% da cualificación da materia.
Dentro do mesmo contexto de "avaliación continua"
e de acordo co contido do escrito "Probas de Avaliación e Actas de
Cualificación de Grao e Mestrado", a chamada "segunda oportunidade de
xullo" enténdese exclusivamente como unha segunda oportunidade de
realización da proba mixta. Por tanto, na devandita oportunidade realizarase de
novo a proba mixta, da que o estudante só se terá que examinar das probas
parciais pendentes, e á cualificación obtida nesta sumaranse as obtidas durante
o curso nas outras actividades (proba parcial e clases de solución de problemas
e talleres). As porcentaxes serán as mesmas que na "primeira
oportunidade". As matrículas de honra (M.H.) outorgaranse prioritariamente
aos alumnos que aprobaran a materia na primeira oportunidade, e só se
outorgarán na chamada "segunda oportunidade" se o número máximo
daquelas non se cubriu na súa totalidade na primeira.
Para o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a
cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de
titorías (entrega de boletíns, resultados obtidos nos test e nas titorías de
avaliación...) configurarán ata un máximo de 3 puntos na cualificación final, o
resto (ata un máximo de 7 puntos) corresponderá á nota obtida polo alumnado na
proba mixta. A porcentaxe de dispensa asociado ás titorías de avaliación
determinarase en función do número de talleres de resolución de problemas e
obradoiros que deban ser avaliados mediante esta metodoloxía. Unha vez coñecido
o seu número, este ponderarase sobre o total dos mesmos e prefixarase o número
de titorías nas que ese alumnado deberá participar (cada dúas sesións de taller
ou obradoiro serán avaliados mediante 1 titoría). No caso de que este alumnado
non supere a materia na "primeira oportunidade", as cualificacións
obtidas mediante este sistema de titorías reservaranse para a "segunda
oportunidade", e sumaranse á nota obtida na proba obxectiva desa
convocatoria para determinar a cualificación final acadada.
A metodoloxía docente e as actividades que a
configuran están deseñadas de acordo cun proceso de avaliación continua
programado para un único curso académico, polo que non se contempla a
posibilidade de trasladar cualificacións parciais de actividades superadas a
cursos sucesivos.