No caso de que o estudiante solicite a convocatoria adiantada este será avaliado a través dunha proba obxectiva con preguntas de desenvolvemento relativas á parte teórica da materia. Na devandita proba obxectiva o estudante terá que alcanzar un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia. A ponderación desta proba nesta convocatoria será do 100%.
Na convocatoria correspondente á 1ª oportunidade contémplanse dous sistemas de avaliación:
a) Os estudantes matriculados que sigan o curso de maneira presencial e se acollan á modalidade de avaliación continua serán avaliados en base a tres criterios: 1) a súa asistencia ás sesións maxistrais e participación (10% da cualificación final); 2) entrega de prácticas e traballos realizados nos talleres (45% da cualificación final); c) entrega do traballo final (35% da cualificación final); e d) exposición oral do mesmo (10% da cualificación final). A suma das puntuacións obtidas en cada un dos apartados constitúen o 100% da cualificación final.
b) Os estudantes matriculados que non sigan o curso de maneira presencial e aqueles que se acollan a dispensa académica ou tempo parcial deberán realizar a proba obxectiva da parte teórica da materia na data das convocatorias oficiais de primeira e segunda convocatoria. Neste caso, a nota do exame representará o 100% da súa cualificación final.
Na convocatoria correspondente á 2ª oportunidade os estudantes serán avaliados a través dunha proba obxectiva da parte teórica da materia. Neste caso, a nota do exame representará o 100% da súa cualificación final.
A cualificación de Non Presentado corresponde ao alumno cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.