Teaching GuideTerm University College of Physiotherapy |
Grao en Fisioterapia |
Subjects |
PHYSIOTHERAPY FOR STATIC AND DYNAMIC CONDITIONS IN THE VERTEBRAL COLUMN |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2017/18 | |||||||||||||
Subject | PHYSIOTHERAPY FOR STATIC AND DYNAMIC CONDITIONS IN THE VERTEBRAL COLUMN | Code | 651G01015 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Second | Obligatoria | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Laboratory practice | A3 A4 A5 A7 A12 A17 C1 C3 C6 C7 | I) A asistencia a todas as prácticas de laboratorio, terá o valor correspondente ao 10% da nota. Só se aceptarán faltas que estean xustificadas con evidencias. Criterios de avaliación: - asistencia a todas as prácticas - participación activa en clase - evidencias achegadas no portafolio - demostración da adquisición progresiva de habilidades psicomotoras relacionadas cos contidos da materia - aspectos relacionados co saber ser: comportamento, confidencialidade, uso apropiado da linguaxe, responsabilidade. II) A presentación e defensa pública do traballo relativo ao estudo de casos terá unha puntuación máxima do 10% da nota. Criterios de avaliación: - cumprimento de todos os requisitos para a súa elaboración, presentación e entrega - veracidade dos datos - calidade do material fotográfico e audiovisual - presentación xeral do traballo e defensa oral do mesmo - capacidade de traballo en grupo - puntuación dada polo resto de compañeir@s |
20 |
Guest lecture / keynote speech | A3 A4 A5 A7 A12 A17 C1 C3 C6 C7 | As diferentes actividades que se realicen durante as sesións maxistrais formarán parte da avaliación continuada, especialmente, os talleres. A asistencia a todos os talleres terá o valor correspondente ao 10% da nota (como máximo). Só se aceptarán faltas que estean xustificadas con evidencias. Criterios de avaliación: - asistencia a todos os talleres - participación activa en clase - demostración da adquisición progresiva de habilidade psicomotoras relacionadas cos contidos da materia - aspectos relacionados co saber ser: comportamento, confidencialidade, uso apropiado da linguaxe, responsabilidade - achega de evidencias se estas son requiridas |
10 |
Mixed objective/subjective test | A3 A7 C1 | A proba mixta correspóndese ao exame teórico da materia. Esta proba constará de dous partes: - preguntas tipo test de resposta simple - e un suposto clínico sobre o que se exporán 10 preguntas curtas. Criterios de avaliación: - no test, por cada 2 respostas mal restarase unha ben (ou por cada resposta incorrecta restarase 0,5 ben) - para avaliar o suposto clínico será imprescindible alcanzar unha nota igual a 5,5 sobre 10 nas preguntas tipo test - cada parte da proba mixta (test / suposto clínico) representa o 50% da nota total da devandita proba - vinculación coa PROBA PRACTICA: considerarase liberada a materia, única e exclusivamente, se se alcanza unha nota de 5/10 en cada proba (tanto no exame teórico como no exame práctico). E, será indispensable presentarse a ambas as probas para que poida avaliarse a suma de todas as metodoloxías. Cada unha das probas terá á súa vez un peso na avaliación do mesmo valor (50/50). A proba mixta e a proba práctica terán un valor do 70% (como mínimo) da nota total da materia; isto é, 35% / 35%. Só se reservará o aprobado nunha parte da materia (teórica ou práctica) para a convocatoria inmediatamente seguinte á que se aprobou dita parte, para o curso académico no que se atopa matriculado o alumn@. Exemplo: de xuño para xullo. |
35 |
Practical test: | A3 A4 A5 C1 | A proba práctica correspóndese co exame práctico da materia. É unha proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente fixese durante as clases prácticas de laboratorio e/ou durante os talleres. Esta proba constará de 3 preguntas. Pedirase ao alumno que elixa ao azar 3 números que se corresponderán con números asignados a unha lista previa de preguntas prácticas. Criterios de avaliación: - integración de coñecementos teórico-prácticos - adquisición da aprendizaxe psicomotor:postura do alumn@; posicionamento do alumn@ que fai o rol de paciente; abordaxe (tomas / contratomas); execución da técnica; destreza e control da actividade - adquisición da aprendizaxe subxectiva: comportamento, confidencialidade, uso apropiado da linguaxe, responsabilidade - tempo de resposta. Puntuación: véxase proba mixta |
35 |
Assessment comments | |||
As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia. No entanto, o valor do exame (teórico e práctico) nunca será inferior ao 70% da nota final e o valor da avaliación continuada (estudo de casos, talleres, etc) nunca será superior ao 30%. |
|