ASISTENCIA - A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. A asistencia xustifícase en base a que as clases son moi interactivas e se traballan aspectos porcedimentais e actitudinais que son necesarios para aprobar a materia.
- O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado na clase.
- Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento.
REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA - A cualificación final será o resultado da puntuación obtida no portafolio do alumnado, sendo indispensable obter a metade da cualificación para superar a materia.
- Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia ou
non presenta o portafolio, terá unha cualificación de non
presentado na oportunidade de maio. - Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula.
- O portafolio do alumnado é unha actividade individual e conterá os seguintes apartados:
- Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín, en que seguir formándome)
- Relación/vinculación das aprendizaxes realizadas coas distintas materias cursadas no grao.
- Aspectos da materia observados no Practicum I e aspectos da materia a observar no Practicum II.
- Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar.
PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso. FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua. COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso. NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf |