Descrición xeral |
A materia ten como finalidade proporcionarlle aos alumnos uns coñecementos
que lle deberán servir de base para o estudo doutras materias de contido
xurídico que se imparten na titulación. Preténdese que o alumno tome
contacto coa realidade xurídica a través do coñecemento de institucións
básicas do Dereito Civil, Constitucional, Administrativo, Mercantil e Fiscal.
Ao ter o Dereito Civil un carácter supletorio respecto de calquera outras ramas
do ordenamento xurídico, afondarase no estudo das institucións básicas,
principalmente no Dereito Civil Patrimonial.
É quizais o léxico xurídico o que dificulta a aprendizaxe na primeira toma de
contacto co Dereito. Na maioría dos casos, os alumnos que inician o estudo da
carreira non teñen costume de ler ou interpretar textos xurídicos, trátase pois
de facilitar ese traballo, de tal maneira que se lle axuda ao alumno a coñecer e
manexar con soltura o léxico xurídico, o que, como queda dito, lle vai proporcionar unha enorme axuda no estudo doutras materias da carreira. Para
tal efecto, as clases prácticas desenvolvidas ao longo de todo o curso terán un
carácter esencial. Nelas, o alumno tomará contacto coa realidade xurídica
máis actual, a través do estudo e do comentario de resolucións xudiciais, e
normas de calquera tipo; para iso será imprescindible a aprendizaxe no
manexo das fontes. |