Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Debuxo e Expresión Gráfica Aplicados á Moda
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Estas actividades lévanse a cabo ó inicio do proceso de ensinanza-aprendizaxe, co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posee o alumno para o logro dos obxectivos que se queren acadar, vencellados á materia. Con elas preténdese obter información relevante que permita artellar a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais expoñense os contidos teóricos da asignatura e os desenvolvementos prácticos fundamentais baseándose no emprego da palabra e apoiándose fundamentalmente na imaxe, con presentacións dixitais e debuxos na pizarra, como vías principais de transmisión da información.
Obradoiro Nos obradoiros semanais búscase que o alumnado poña en práctica os coñecementos adquiridos, a través dunha serie de exercicios propostos polo profesorado, co seu apoio e supervisión permanente durante o tempo da clase.
Portafolios do alumno Os portafolios do alumno son unha metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes fóra da aula, baixo a tutela do profesor. Ó longo do cuadrimestre iránse propoñendo ó alumno unha serie de enunciados xenéricos, para que os desenvolva pola súa conta e os entregue ó finalizar a materia. O horario semanal de titorías permitirá facer o seguimento e tutela destes traballos, de modo voluntario.
Seminario Os seminarios serán impartidos por profesionais externos que achegarán a súa visión da práctica profesional en relación coa materia, centrada en determinados aspectos relacionados co debuxo e a expresión gráfica.
Proba práctica Utilízase como proba individual para a avaliación final da aprendizaxe, permitindo avaliar a capacidade e destreza adquirida ó longo da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes