Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Debuxo e Expresión Gráfica Aplicados á Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A4 A5 A18 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Avaliación das prácticas e traballos realizados na aula e/ou completados fóra dela. Estes traballos deben dar idea da maduración do alumno na materia. É precisa a realización, en tempo e forma, do 80% dos traballos propostos para poder ser avaliado. Estes traballos non se devolverán ó alumno. 30
Portafolios do alumno A4 A5 A18 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 É unha parte fundamental da avaliación xunto cos traballos realizados no obradoiro, e realizaranse fora da aula de modo paralelo ó curso. A súa elaboración coa mínima calidade esixible é indispensable para a súa consideración. Estes traballos non se devolverán ó alumno. 20
Proba práctica B2 B3 B4 B8 B9 C6 C9 A proba obxectiva serve de control para avaliar a maduración final do alumno ó término da asignatura. 50
 
Observacións avaliación

A avaliación é continua, e a
presencialidade (asistencia) é imprescindible, tanto para a realización das
prácticas e traballos na aula como para as clases teóricas. Unha asistencia
inferior ó 80% pode comprometer a avaliación positiva na asignatura.

Os alumnos que se presenten á
proba obxectiva e non superen a materia coas porcentaxes sinaladas, figurarán
en actas coa cualificación final obtida.

As prácticas do taller, o
portafolio do alumno e a proba obxectiva (exame) só terán validez para o curso
actual (primeira e segunda oportunidade), e deberán repetirse nos seguintes
cursos académicos. Soamente a asistencia, sempre que sexa superior ao 80% das sesións,
conservarase para os seguintes cursos.

Os alumnos que superen a materia
na primeira oportunidade e desexen subir nota, poderán presentarse a subir nota
na segunda oportunidade, previa notificación ao profesor e autorización por
parte deste antes do peche das actas da primeira oportunidade.

Se houbese un alumno que queira
presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia
aplicaránselle os mesmos criterios de avaliación que para a segunda oportunidade.

Aplícanse os mesmos criterios de
avaliación na primeira e na segunda oportunidade. Estes criterios son os mesmos
para os alumnos matriculados en réxime de dedicación a tempo completo como non
caso de alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes