Para superar a materia plantéxanse dous requisitos básicos: (i) asistencia a tódalas actividades avaliables e (ii) acadar unha cualificación mínima nas actividades avaliables (5 puntos sobre 10). As probas mixtas consistirán en dúas partes, unha con cuestións teóricas e outra con exercicios numéricos, cada unha delas constitúe unha actividade avaliable. Xa que logo, de non acadar a puntuación mínima nalgunha delas, no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a asignatura figurará como suspensa (4).
Unha vez rematados os primeiros temas farase unha proba mixta voluntaria co obxectivo de que os alumnos que a superen podan reducir a cantidade de materia da que se examinarán na primeira oportunidade.
O alumno obterá a calificación de Non Presentado cando teña feito menos do 25% das actividades avaliables. Para superar a materia terán que facerse, e superarse, as prácticas de laboratorio.
As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios conservaranse na segunda oportunidade de xullo.
As cualificacións da proba mixta da segunda oportunidade (xullo) substituirán ás obtidas na proba mixta da primeira oportunidade (xuño), cos mesmos criterios. Polo que atingue aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refirese a un curso académico e, xa que logo, voltaría a comezar cun novo curso, incluindo as actividades e procedimentos de avaliación que sexan programados para o devandito curso.
Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se ten cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.
O alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado únicamente mediante as cualificacions obtidas nas probas obxectivas (75%) e nas prácticas (25%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades