Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
Anual
Primeiro
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Economía Empresa
Coordinación
Martinez Fernandez, Valentin
Correo electrónico
valentin.martinez@udc.es
Profesorado
Andrade Calvo, José Manuel
Calvo Silvosa, Anxo Ramon
Casal Rodríguez, Bruno
Martinez Fernandez, Valentin
Ramos Pedreira, Antonio
Correo electrónico
j.manuel.andrade@udc.es
anxo.calvo.silvosa@udc.es
bruno.casal@udc.es
valentin.martinez@udc.es
antonio.ramos@udc.es
Web
Descrición xeral
Os talleres de directivos son unha peza central no deseño metodolóxico para a aplicación do método deste máster. A filosofía que subxace nos talleres directivos resúmese nos seguintes puntos:
- A utilización do método do caso práctico ou proxecto de grupo.
- O caso ha de ser explicado de forma interdisciplinar. Isto esixe unha gran coordinación entre as diferentes materias curriculares do MUDAE. Iso require que o caso sexa común para todas elas, sen prexuízo de que determinados contidos de cada materia esixan o desenvolvemento de casos breves concretos.
- O caso ha de ser resolto mediante equipos ou grupos de traballo.
- O caso se instrumentará, ao comezo do máster, nunha empresa caso para cada un dos grupos de traballo constituídos, que se manterá ao longo do curso.
- Cada un dos proxectos establecidos terá un titor que actuará como responsable da empresa.
Así mesmo, o alumno entrará en contacto co mundo real da empresa a través dunha serie de conferencias ou charlas impartidas por directivos e profesionais. Estas actividades permitirán que o alumno comece a coñecer a forma en que as empresas abordan os problemas que se lles expoñen, entra en contacto coa xerga propia da actividade empresarial e coñece de primeira man as metodoloxías e solucións que se aplican.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías