Proba mixta |
B1 B2 B17 B19 |
Esta proba está composta por dous apartados de preguntas, cada un deles cun valor de 5 puntos:
A) Tipo test: Consistirá en 50 preguntas referentes aos contidos expostos ao longo das sesións maxistrais, tanto teóricos como prácticos. Haberá 2 opcións de resposta, sendo só una delas correcta. Por cada erro, anularase un acerto.
B) Tipo ensaio: Farase a formulación de 5 cuestións abertas que os alumnos deberán ser capaces de contestar de maneira breve nun só parrafo.
MOI IMPORTANTE! Os puntos do apartado de ensaio SÓ SE SUMARÁN se o alumno superou con 3 puntos o apartado tipo test. |
60 |
- Para superar a materia será INDISPENSABLE ter superados cada un dos tres apartados de maneira independente.
- Os alumnos que, por motivos xustificados (competición de elite, accidente, lesión, enfermidade, matrícula parcial ou requirimento xudicial), non alcancen o 70% de participación nas prácticas poderán complementalo cun traballo teórico que levarán a cabo baixo a supervisión da profesora, nun prazo non superior a unha semana despois de terminar as prácticas da materia.
- Estes mesmos criterios manteranse para a oportunidade inmediatamente posterior. Aqueles que teñan que volver matricularse, e teñan superado algún dos bloques, respectaráselles a nota que sacasen no devandito bloque durante un máximo de dous cursos consecutivos. De non ser así, terá que cumprir cos requisitos da materia na súa totalidade.
|