A asistencia dos grupos ás sesións de atención personalizada será obrigatoria. O propósito é xerar no estudante unha autoevaluación xeral do aprendido, dos logros alcanzados, o desenvolvemento de competencias, así como unha reflexión crítica das necesidades de mellora do proceso de ensino. Prover o alumnado de retroalimentación específica das súas fortalezas e debilidades, de tal modo que poida aproveitar posibilidades e rectificar as deficiencias identificadas. Valorásese a capacidade de traballo de forma colaborativa dentro do grupo, a relación de axuda dentro do grupo e resolver problemas de forma efectiva. Terá unha cualificación do 5% (0,5 puntos)
Para superar esta materia o estudante debe superar cada unha das partes, aprendizaxe colaborativo e proba obxectiva.
Para aqueles/as alumnos/as con matrícula a tempo parcial poderán optar a non acudir as actividades grupales do aprendizaxe colaborativo, pero deberán traballar nos casos programados (según a documentación do moodle) e presentalos de forma individual e presencial nas tutorias programadas.
Convocatorias
de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles/las alumnos/as que cursen a materia e realicen o traballo colaborativo coa cualificación de aprobado, poden volver cursar toda a materia
novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a
cualificación do exame teórico fará media coa cualificación obtida no curso académico no que cursase o aprendizaje colaborativo.
Convocatorias da oportunidade
adiantada de avaliación: Para aqueles/las alumnos/as que solicitasen a
oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle
poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación suporá o 100% da
cualificación da materia.
A
cualificación de non presentado: outorgarase
a aqueles/las alumnos/as que non se presentan ao exame nin participasen nas actividades programadas.