Discusión dirixida |
Preparación dos temas formulados polos docentes e participación na discusión dos mesmos na aula. |
Estudo de casos |
Traballo en grupo, guiado polos docentes, para a resolución e discusión dun caso baseado en empresas reais. O alumnado, a través da aplicación de técnicas de análise contable e dun proceso de discusión entre os membros do grupo de traballo, debe ser capaz de identificar información relevante, interpretala e chegar a unha conclusión razoada. |
Prácticas a través de TIC |
Uso da folla de cálculo para desenvolver a análise contable e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo na aula. |
Resumo |
Identificación dunha noticia de actualidade relacionada co contido da materia e síntese dos seus principais contidos resaltando aqueles traballados na aula. |
Foro virtual |
Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia. |