Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Actividade física no medio natural
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Actividade física no medio natural Código 620G01039
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Gomez Varela, Joaquin
Correo electrónico
joaquin.gomez.varela@udc.es
Profesorado
Gomez Varela, Joaquin
Correo electrónico
joaquin.gomez.varela@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura Actividade Física no Medio Natural, pertencente ao módulo 5 “Ensino da Educación Física” do título de Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, introduce ao estudante ao coñecemento daquelas actividades que, con carácter educativo, recreativo, deportivo ou turístico, teñen lugar en espazos abertos o aire libre ou escasamente modificados pola man do ser humano. As actividades na natureza representan desde a orixe da educación física un recurso relevante como instrumento para o desenvolvemento integral das nenas e nenos, como así se pode observar no propio Manifesto da Educación Física en 1970, cando fai referencia ao concepto xeral da Educación Fisica como “parte da educación que utiliza de unha maneira sistematica as actividades físicas e a influencia dos axentes naturais: aire, sol, auga, etc., como medios específicos”. Acomodada esta conceptualización a unha contexto deteminado, revísase a súa visión no manifestó do ano 2000, no que a Educación Física conéctase co resto de elementos e cuestións universáis, como o medio ambiente e a súa problemática, intríncandose para establecer unha íntima relación que chega ata os nosos días. Así póis, o séu capítulo XIX versa integramente sobre a Educación Física e as responsabilidades ante o medio ambiente. Así pois a Educación Física benefíciase dos ambientes naturais, e ao mesmo tempo a través de esta o considera e trata de melloralo, como movemento coherente coa Axenda 21. Deste xeito, hoxe en día estas prácticas forman parte do curriculum da Educación Física como asignatura, contribuíndo ademáis ao aprecio pola natureza e ao desenvolvemento dunha conciencia ecolóxica. Por outra banda, tamén se aprecia un incremento das prácticas deportivas no medio natural no ámbito recreativo, deportivo e turístico desde fináis do século XX; corrente que se mantén na actualidade, reflexada nas abundantes referencias científicas, de divulgación, regulacións, plans de formación, etc, ao que a formación de una graduada ou grado en ciencias da actividade física e o deporte non pode ser allea. Así pois, as prácticas deportivas no medio natural, polo seu vínculo coa actividade física representan un área de desenvolvemento profesional importante no que desenvolver a súa labor as graduadas e graduados en ciencias da actividade física e o deporte. Fruto de todo isto, o título de Grao recolle, a través das competencias A16, A17 e A21, o deseño, planificación, programación e realización de actividades físicas e deportivas nos medios naturais, que se convirten de este xeito na referencia principal para o desenvolvemento desta guía docente. A impartición da docencia será en Castelán, se ben a atención ao estudantado levarase a cabo no idioma preferente de cada estudante. Do mesmo xeito os estudantes poderán elaborar e presentar os diferentes traballos, presentacións, probas de avaliación, etc, en calquera das linguas da UDC, e mesmo en Inglés.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes