Esta asignatura ten como obxectivo dotar ao alumno de aptitudes, coñecementos e competencias que resultan básicas paraa súa formación en Dereito privado económico ou patrimonial. O Dereito de obrigas e danos constitúe o primeiro contacto do estudante de Dereito coa regulación xurídica das relacións económicas que se entablan no mercado entre os particulares. O manexo competente da estructura e vicisitudes da relación obrigatoria, como cobertura xurídica primaria dos acordos de contenido económico entre os particulares e do problema do dano extracontractual -tamén fronte a Administración Pública-, constitúe un eslabón esencial na formación de cualquier xurista, e resulta presuposto indispensable para a acaída comprensión doutra moitas materias pertencentes ao Dereito privado, e ao Dereito público.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías