-ESCRIBIR
|
Qué é o estilo de escritura MLA? Estilo e rexistro, linguaxe formal e informal, connotación e denotación, post-estruturalismo e oposición binaria, puntuación, parágrafo, conectores, o ensaio (ex. argumentativo e de investigación), título, introdución, (hipó)tesis vs. tema, corpo, conclusión,
fontes de información (web e imprimidas), lista de obras citadas, citas no corpo do texto, plaxio, notas ao pé e ao final, etc.
Ao longo do curso, aprenderedes a escribir textos diferentes tales como a carta de motivación, o CV profesional e o ensaio de tipo MLA. Este último será obxecto do exame final. |
-LER |
Qué é ler críticamente? Diferentes niveis de comprensión dun texto, gramática, vocabulario, estrutura, figuras retóricas, historia e trama, temas, caracterización, inferencia, dedución, análise, alcance e repercusión, significado e interpretación, conclusións, etc.
Leremos e discutiremos sobre documentos diversos. Dous dos devanditos documentos formarán parte da comprensión lectora no exame final. |
-ESCOITAR
|
Os exercicios auditivos estarán relacionados coa gramática e o vocabulario vistos na clase. As/os estudantes tamén traballaredes con entrevistas de traballo e practicaredes para a proba audio-oral.
En clase practicaredes a escoita da lingua inglesa. Escoitar, á parte de ser necesario para a comprensión, tamén é un acto ético e espérase que o alumnado practique a ética.
|
-VOCABULARIO |
Expansión do vocabulario, con especial atención ás expresións idiomáticas, os falsos cognados, os verbos compostos e a linguaxe formal.
Temas: atopar traballo e describir habilidades profesionais; debater sobre temas de actualidade tanto lingüísticos (ex. a linguaxe [non] sexista, o [non] uso dos marcadores de xénero) como sociais (emocións, xénero, sexualidade, diversidade e medio ambiente, entre outros). |