Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
|
Field trip |
Está prevista unha visita á un organismo da Seguridade Social (Pode ser Inspección de traballo, INSS ou TGSS) para coñecer o seu funcionamento. No caso de non se poder realizar dita visita se sustituirá por outra actividade semellante como a asistencia a Congreso, conferencia, seminario organizado polo centro ou outra actividade indicada polo profesor. |
Objective test |
A proba terá duas partes. A primeira parte un exercicio tipo test (as preguntas erradas restas) combinado con un examen teórico de varias preguntas cortas e longas, que terá o valor do 60% da nota do exámen. A segunda parte consistirá na realización de un ou máis casos prácticos e será avaliado co 40% da nota. |