O estudo da Química Inorgánica dividiuse en grandes campos, un das cales é a Química Organometálica, disciplina que aborda a investigación experimental e o tratamento da estrutura, enlace, propiedades, reactividade e aplicacións dos compostos con enlace M-C. A súa importancia e interese va mais alá dos límites puramente académicos, posto que na química moderna distínguense infinidade de compostos organometálicos que se utilizan habitualmente ou están implicados en numerosos procesos sintéticos, a nivel molecular ou catalítico, así como en procesos industriais e tecnolóxicos.
A materia "Química Inorgánica Avanzada", situada no primeiro semestre de cuarto curso do Grao en Química pola UDC, está dedicada ao estudo dos compostos organometálicos, e constitúe unha materia mixta que consta de 4 créditos teóricos e 2 créditos prácticos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hay modificación
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Se manteñen todas as metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se modifican
As actividades de “sesión maxistral e solución de problemas” manterán o mesmo formato e contidos coa única diferencia de que serán impartidas utilizado Teams ou a plataforma que a UDC poña a disposición da comunidade docente.
O único cambio abranguera as sesións presenciais da metodoloxía “prácticas de laboratorio” que, no caso de que non poidan ser impartidas de forma presencial, serán substituídas por actividades on line dedicadas á obtención e caracterización de compostos organometálicos. O resto das actividades relacionadas con esta metodoloxía poderán ser impartidas de forma sincrónica ou asincrónica utilizando as plataformas de teleformación Moodle e Teams ou outras que a UDC poña a disposición da comunidade.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, a demanda do alumno.
Teams, a petición do alumno, excepto no perído de actividades relacionadas coas prácticas de laboratorio, no que se convocará, polo menos, unha tutoría obrigatoria por alumno.
Moodle, a petición dos alumnos.
4. Modificacións na avaliación
Non haberá modificación nin na metodoloxía nin nos porcentaxes asignados a cada una das metodoloxías.
*Observacións de avaliación:
Manterase a avaliación tal y como figura en la guía docente. A única diferencia será na canle utilizada para as probas que pasará a ser Teams ou Moodle ou unha combinación das mesmas.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non haberá cambios na bibliografía e recursos web referenciados en Moodle e na Guía Docente da materia. Non obstante, a asistencia as diferentes actividades docentes e o material dispoñible en Moodle serán suficientes para superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías