Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Fisioloxía Animal I
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Dedicarase atención personalizada ao alumnado durante a realización das prácticas de laboratorio. Ao longo de ditas prácticas, os/as alumnos/as poderán realizar consultas e abordar temas concretos relacionados co programa teórico da materia e coas propias prácticas.
Os/as alumnos/as poderán dispoñer tamén de atención personalizada acudindo ao despacho das profesoras en horarios de titorías ou por medios telemáticos (correo electrónico, Moodle ou Microsoft Teams).
Ademais, as profesoras farán un seguimento dos traballos elaborados polo alumnado de xeito que o produto final acade unha calidade aceptable; dito seguimento poderá levarse a cabo de forma presencial ou a través de medios telemáticos (correo electrónico, Moodle ou Microsoft Teams).
Cabe destacar que, no caso de que puidera haber alumnado matriculado asimilado como “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”, este contará coas titorías tradicionais e, de xeito particular, con aquelas enfocadas a complementar a súa posible non participación nas actividades de seminarios que tiveran lugar ao longo do curso académico. Así mesmo, e no referente ás actividades prácticas que puideran non ter sido desenvoltas por este alumnado -caso de contar coa dispensa oportuna-, contémplanse tamén titorías dirixidas a aportar información sobre as mesmas, facilitando así a avaliación deste sector do alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes