Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Fisioloxía Animal I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 A10 A17 A26 A28 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 As prácticas de laboratorio teñen carácter obrigatorio; ao finalizar estas haberá unha proba na plataforma Moodle sobre o contido das mesmas. A nota obtida en dita proba supoñerá un 15% da cualificación final. Ademais, ao igual que no caso dos seminarios, a nota obtida en dita proba manterase invariable para o cómputo da cualificación final no caso dos/as alumnos/as que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo). 15
Seminario A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 Avaliaranse as tarefas executadas ao longo dos seminarios e/ou as probas curtas asociadas. A nota obtida supoñerá un 15% da cualificación final. Os/as alumnos/as que non asistan aos seminarios e que, polo tanto, non realicen as tarefas/probas curtas asociadas, obterán unha cualificación de 0 puntos na actividade programada ese día. A nota obtida nos seminarios manterase invariable para o cómputo da cualificación final no caso dos/as alumnos/as que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo). 15
Proba obxectiva A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 Trátase dunha proba con distintos tipos de preguntas sobre os principais aspectos/contidos do programa teórico impartidos nas sesións maxistrais. A nota obtida supoñerá o 55% da cualificación final (máximo 5.5 puntos sobre 10; non obstante, é preciso obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 nesta proba para superar a materia). Alternativamente os/as estudantes terán a opción de facer 5 probas obxectivas parciais ao longo do curso (ao igual que no caso da avaliación por medio dunha única proba, é preciso que os/as alumnos/as acaden un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada unha das probas parciais co gallo de superar a materia). 55
Traballos tutelados B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 Os traballos, de carácter optativo, serán avaliados en función da profundidade do contido, a presentación e claridade da organización, o emprego dunha linguaxe propia do contexto disciplinar e a calidade das fontes documentais utilizadas. A nota obtida supoñerá un 15% da cualificación final. A nota obtida nos traballos tutelados manterase invariable para o cómputo da cualificación final no caso dos/as alumnos/as que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo). 15
 
Observacións avaliación

Para a avaliación da materia terase en conta o coñecemento do programa teórico e das prácticas de laboratorio, así como os traballos tutelados e as actividades e/ou probas curtas asociadas levadas a cabo no contexto dos seminarios. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas. Para superar a materia deberanse cumprir os criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5.0 puntos.

Para as cualificacións finais de ambas oportunidades, terán carácter de NON PRESENTADO os/as alumnos/as que non concorran ás probas obxectivas nas datas oficiais sinaladas. 

Serán considerados SUSPENSOS os/as alumnos/as que si concorran a ditas probas mais non acaden a puntuación global de 5.0 puntos ou teñan unha nota na proba obxectiva inferior a 4.0 puntos sobre 10 (independentemente da nota de seminarios, prácticas de laboratorio e traballos tutelados). No caso de que a suma total das cualificacións sexa igual ou superior a 5.0 puntos pero a parcial de contidos teóricos (proba obxectiva) non supere a nota mínima esixida, a cualificación numérica final será a acadada na mencionada proba de contidos teóricos.

Aqueles alumnos/as que opten pola avaliación continua precisarán acadar un
mínimo de 4.0 puntos en todas e cada unha das probas parciais. Os/as alumnos/as
que non acaden dita puntuación nalgunha das probas quedarán automaticamente
excluídos/as deste sistema de avaliación e deberán presentarse á proba
obxectiva final de toda a materia.

Os/as alumnos/as repetidores que teñan superado as prácticas nos tres anos inmediatamente anteriores poden conservar a nota destas ou, se o desexan, mellorala. 

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá solicitar os cambios de calendario necesarios para garantir a posibilidade de asistir a calquera das actividades avaliables programadas na materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes