O sistema mencionado arriba é común para a primeira e a segunda oportunidades.
Con carácter xeral, as actividades de avaliación continua serán valoradas cando se leven a cabo de acordo coa programación prevista do grupo correspondente. No cálculo da avaliación continua serán consideradas as seis mellores puntuacións das sete probas realizadas ao longo do período docente. Cada proba valerá un punto. Porén, a cualificación dunha das probas podería substituírse pola obtida mediante a participación en actividades complementarias programadas (conferencias, seminarios, etc.).
Na segunda oportunidade, o alumnado poderá recuperar até 4 puntos da avaliación continua. Para isto, antes do exame da segunda oportunidade, realizará unha proba global sobre os casos nos que se baseou a avaliación continua da primeira oportunidade. Se o resultado desta proba fose inferior ao da avaliación continua da primeira oportunidade, o alumno conservará a nota da primeira oportunidade.
As condicións de avaliación da Oportunidade Adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá o 100 % da cualificación final. Esta proba mixta será deseñada de maneira singular e específica para valorar en que medida o/a estudante adquiriu os resultados da aprendizaxe aos que se fai referencia na presente guía.
Os estudantes a tempo parcial serán avaliados segundo o sistema descrito.