Esta materia supón unha continuación da materia de Xestión de Infraestruturas orientada ao estudo de solucións tolerantes a fallas e de alta dispoñibilidade en centros de procesamento de datos (CPD) e unha introdución ao uso de tecnoloxías de virtualización nos CPDs e aos fundamentos da Computación na Nube (Cloud Computing).
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral, Prácticas de laboratorio, Traballos tutelados
Segundo o acordado pola Facultade de Informática seguindo as recomendacións da UDC ante a situación xerada polo COVID-19, estas actividades docentes xa se realizan preferentemente de xeito non presencial.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Proba obxectiva: adáptase o seu formato á modalidade non presencial
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Comunicación asíncrona baixo demanda (correo electrónico, mensaxería instantánea e/ou videochamada usando Teams)
Comunicación síncrona semanal nos horarios de docencia oficiais ou, excepcionalmente, en horarios acordados previamente co alumnado (videoconferencia usando Teams)
Aloxamento dos contidos do curso (materiais, novas, clases gravadas, vídeos, bibliografía, foros, etc.) en Moodle con actualización típica semanal.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións nas metodoloxías, criterios ou porcentaxes indicados na guía docente
*Observacións de avaliación:
A única modificación é a adaptación da proba obxectiva a unha modalidade non presencial
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifican
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías