A seguridade nos sistemas de información é crucial en todos e cada un dos servizos ofertados pola denominada sociedade da información. Posto que cada vez máis información está accesible, cada vez requírense controis de seguridade máis estritos. O avance tecnolóxico neste caso funciona de catalizador en ambas as direccións: por unha banda favorece o acceso a novos tipos e a maior cantidade de información (o que require un aumento dos controis de seguridade) e doutra banda posibilita a implantación de mecanismos de seguridade máis refinados (que posibilitan o acceso seguro a novos tipos de información).
A materia está exposta para proporcionar ao alumno o coñecemento necesario dos conceptos básicos e técnicas empregadas para a protección dos sistemas de información, desde o punto de vista físico, lóxico e administrativo. Estes conceptos básicos incluirán, como paso de inicio, a evolución dos diferentes métodos e algoritmos de cifrado. Debido ao enorme auxe dos diversos medios electrónicos de intercambio de información (correo electrónico, páxinas web, e-commerce, firma dixital, etc.), un aspecto fundamental cando se traballa neste ámbito será ter a formación suficiente na seguridade deste tipo de sistemas. Para o correcto funcionamento dos servizos referidos esíxese a existencia dunha infraestrutura (redes de comunicacións e sistemas operativos) que funcione de modo seguro e fiable. Por tanto será preciso coñecer os aspectos fundamentais dos compoñentes, protocolos de funcionamento, configuración, etc. da devandita infraestrutura. Este coñecemento será o que lle permita ao alumno entender e solucionar os riscos actuais, e os que inevitablemente xurdirán no futuro, que afectan a todo sistema de información.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Mantéñense as metodoloxías docentes, coa excepción de que en lugar de realizarse de maneira presencial na aula, realizaranse coa axuda de ferramentas TIC, como se explica a continuación.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral: impartirase a través de videoconferencia.
- Prácticas de laboratorio: Tanto a docencia, coma a defensa das prácticas, cando proceda, realizaranse a través de videoconferencia.
- Proba obxectiva: realizarase a través de Moodle, en combinación con videoconferencia.
- Exame de prácticas (segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria): realizarase a través de videoconferencia.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.
- Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado.
- Teams: Durante as horas programadas de teoría e práctica. Tamén baixo demanda, para resolución de dúbidas.
4. Modificacións na avaliación
- Non se realizarán cambios
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. A maiores:
- No caso de que non poidan realizarse presencialmente, levaranse a cabo segundo o indicado no apartado de "Metodoloxías".
- Se por algún motivo xustificado o alumno non puidese realizar o exame final (proba obxectiva) no momento establecido, o exame pasará a realizarse a maior brevidade posible, pasando a ser unha proba oral por videoconferencia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías