Dimensión ética e procesos educativos na acción social
Código
615525004
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
6
Idioma
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Profesorado
Candedo Gunturiz, Maria Dolores Fatima
Cruz Lopez, Laura
Serantes Pazos, Araceli
Correo electrónico
dolores.candedo@udc.es
laura.cruz@udc.es
araceli.serantes.pazos@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia parte do cuestionamento da primacía da razón instrumental en todos os ámbitos da vida (tamén no social), orientada ao cálculo de probabilidades para lograr o máximo beneficio. Unha racionalidade que non garante a xustiza, porque que algo sexa tecnicamente posible non significa que sexa humanamente aceptable. Son precisas as dúas dimensións, técnica e ética.
Así, fronte ao relativismo moral propio da postmodernidade neoliberal, onde non hai criterios éticos compartidos, todo vale e vale igual, defendemos unha ética cívica universal, dialóxica, participada, argumentada. Unha ética aplicada entendida como saber práctico encamiñado a tomar decisións prudentes e moralmente xustas (Adela Cortina).
Compartimos con Joan Canimas a necesidade de converter a ética nunha práctica subversiva ademais de reflexiva (que indague nas sombras, nas grietas, nos límites) e situacionista, que promova situacións nas que sexan posibles outras formas de vida e alteridade desexables.
Na materia, trasladamos esta práctica a diferentes ámbitos de acción social: servizos sociais, prostitución, diversidade funcional, persoas maiores, educación ambiental e social en xeral.
Ademais, en tanto que ética aplicada, a materia ten como obxectivo ser capaces de identificar problemas e dilemas éticos na práctica social e ter ferramentas para atopar respostas dialóxicas aos mesmos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos. Non hai cambios
2. Metodoloxías
No caso de que as aulas non podan ser presencias a docencia será asíncrona a través de sesións explicativas gravadas e tamén síncrona co emprego do Teams para promover o diálogo e o debate arredor dos contidos da materia. En ambos casos facilitarase o acceso ao material no Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Buscaranse alternativas entre os recursos que ofrece o Moodle ou as aplicacións de Microsoft 365, que substitúan as metodoloxías e actividades propostas.
4. Modificacións na avaliación. Non hai
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Non hai
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías