Traballos tutelados |
Realización dun traballo en grupo de carácter empírico relacionado coa temática da materia, que consistirá no deseño dun proxecto de investigación de mercados.
Formaranse grupos de traballo dun máximo de 4 persoas, a proposta dos/as alumnos/as.
Nas sesións interactivas, os/as profesores/as explicarán a estrutura do traballo, fases e resolverán dúbidas. Esta información tamén estará dispoñible no Moodle da materia.
O traballo final, será entregado a través de Moodle, nas datas marcadas polos/as profesores/as.
Non se corrixirá ningún proxecto entregado fora de prazo. E corrixiranse unha vez polos/as profesores/as, e dicir non haberá segunda corrección.
|
Obradoiro |
Realización de actividades prácticas (de carácter grupal ou individual) nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, trátase de prácticas sobre un tema específico, realizadas co apoio e supervisión dos/as profesores/as da materia. |