O obxectivo xeral desta materia é que o alumnado adquira os coñecementos básicos respecto aos movementos sociais, á acción colectiva e á participación social. Analizaremos as súas historias, as súas tipoloxías, as súas características e os seus repertorios de acción, así como a súa relación cos planos macro, meso e micro dos sistemas sociais. Pensaremos dende o exemplo de loitas, episodios e activismos concretos, reflexionando nos intersticios da estrutura social e dos procesos de subxectivación.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Os contidos non se modificarían, dado que os materiais serían facilitados polo profesor vía Moodle.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
No caso de sobrevir unha situación de emerxencia e/ou confinamento, manteríanse as metodoloxías existentes, sendo transferidas á súa forma telemática. As lecturas seguirían facéndose na casa, as entregas das probas vía Moodle, e tanto a sesión maxistral como a discusión dirixida manteríanse -cos axustes oportunos- a través de Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O alumnado será atendido sempre, con independencia das circunstancias. Para esta atención estableceranse titorías a través de correo electrónico e da plataforma Teams. Seguiría empregándose o Moodle para comunicacións e informacións xerais sobre a materia.
4. Modificacións na avaliación
Manteríanse as pautas de avaliación.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Nunha situación de excepcionalidade, só se empregarían materiais dispoñibles en formato dixital e atopables na rede. En realidade, estes xa son os usados na forma presencial, e son na súa meirande parte facilitados polo profesor vía Moodle ou dispoñibles na biblioteca.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías