Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todo agás as saídas de campo.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As saídas de campo non poderán realizarse pola súa natureza en períodos de confinamento, substituíndose por unha intensificación da correspondente á Análise de fontes documentais.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
Moodle: Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
Teams: Sesións semanais en gran grupo ou en pequeno grupo (ata 6 persoas) que se programarán en cada obradoiro en función das horas que a materia tan asignadas no horario do centro e das necesidades de seguimento particular que se establezan en cada taller para o adecuado seguimento dos traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
O alumnado terá que realizar o seguimento no taller de TFM que o centro lles asigne.
4. Modificacións na avaliación
Proba obxectiva: O Tribunal cualifica coa súa nota a elaboración dun Proxecto Integral de Arquitectura de natureza Profesional (Proxecto Final de Carreira- PFC) que consta de diferentes documentos escritos, gráficos e físicos (maquetas de traballo) que serán presentados en formato dixital para a súa avaliación mentres as condicións non o permitan, inda que, no caso das maquetas, o Tribunal poderá requirir a súa visualización durante a defensa. O traballo presentado debe contar co informe favorable do Obradoiro para a súa avaliación e cualificación por parte do Tribunal, quen porá a nota de Matrícula de Honra, Sobresaliente, Notable ou Aprobado ao alumno.
Na medida do posible, tratarase de que as datas e actos de defensa ante o tribunal poidan facerse en situación de presencialidade, seguindo en calquera caso as indicacións que a universidade estableza ao respecto para a realziación deste tipo de actos.
Obradoiro (Informe previo): O Obradoiro emite, de xeito colexiado, un informe Individual para cada estudante que, no caso de ser Favorable, constará dunha autorización expresa de defensa ante o Tribunal. O alumnado terá que realizar o seguimento no taller de TFM que o centro lle asigne.
*Observacións de avaliación:
Esixirase do alumnado unha participación activa, que permita realizar o seguimiento e evolución dos traballos e verificar a súa autoría. Para iso, dispoñeranse tarefas abertas en Moodle.
As entregas faranse a través da plataforma Moodle, cos mesmos criterios establecidos para a docencia presencial, eliminando a entrega material nas dependencias da ETSAC.
Non será necesario realizar entregas en formato físico. Non obstante, o alumnado poderá ser requerido a mostrar maquetas de traballo durante a defensa ante o tribunal.
O alumnado entregará os paneis resumo en formato A1 do seu proxecto máis tarde, en canto as condicións o permitan e dentro das datas que se establezan para este propósito.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle. |