- Para aprobar a materia cómpre superar todas
as partes (en calquera das dúas oportunidades), polo que será necesario obter
no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Na segunda oportunidade, o
alumnado só repetirá as partes suspensas e manterá a cualificación daquelas que
fosen superadas.
- A avaliación dos/as estudantes que non asistan
regularmente ás aulas por teren concedida a dispensa académica (exención de asistencia), así como a daqueles/as que, sen contar con dispensa, se ausenten en máis dun 20% das horas lectivas, farase unicamente a partir da proba de ensaio, tanto na primeira como na segunda oportunidade. A proba que este sector do alumnado deberá superar non ten por que ter o mesmo deseño que a que se lles propoña aos/ás estudantes presenciais.
- Os traballos entregaranse, por defecto, de xeito telemático. De non ser posible, recoméndase que non se utilicen plásticos na encadernación, que se imprima a dobre cara e que se empregue papel reciclado. Cómpre, en suma, facer un uso sustentable dos recursos, a fin de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Nos nosos comportamentos persoais e profesionais, debemos abrazar principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade.