Nesta materia preténdese describir e analizar os procesos que interveñen na aprendizaxe das matemáticas na Educación Primaria, así como coñecer métodos, técnicas e recursos para o seu traballo na aula.
Tamén se quere mostrar o papel que representa a matemática na sociedade actual, o seu papel ao longo da historia e o papel que xoga no camiño cara a unha educación crítica.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non existen
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral virtual
Probas mixtas de avaliación continua virtuais.
Lecturas
*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de laboratorio, que pasarán a realizarse mediante sesións síncronas que serán gravadas e subidas a Teams.
Actividades iniciais e Discusión dirixida, que se realizarán mediante Teams.
Aqueles estudantes que se reuninsen fisicamente para realizar os traballos en grupo pasarán a facelo virutalemente, a través preferentemente das plataformas institucionais da UDC.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías individuais realizaranse por Teams.
4. Modificacións na avaliación
O exame final presencial para aqueles estudantes que non participen na avaliación continua será virtual.
Para realilzar os traballos tutelados, os estudantes de cada grupo organizarnase e comunicaranse entre si mediante a plataforma Teams e calesquera outras plataformas institucionais da UDC.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías