Nesta materia se estudiarán as aplicacións da auga desde o punto de vista preventivo e terapéutico poñendo especial énfase no seu uso nos balnearios
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Recensión bibliográfica
Traballo tutelado
Presentación oral
Seminario
*Metodoloxías docentes que se modifican
Saída de campo (non se realizará. e as avaliacións destes coñecementos se incorporan á metodoloxía dos traballos tutelados)
O resto das metodoloxías non se modifican, e as metodoloxías programadas previamente de maneira presencial pasan a formato virtual mediante Teams e Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente (de luns a venres). De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Diariamente (de luns a venres). Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de "foros temáticos" asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai "foros de actividade específica" para desenvolver as "Discusións dirixidas" a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
- Teams: 1 sesión en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización dos "traballos tutelados". Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do
alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Se modifica a avaliación da saída de campo incorporándoa á dos traballos tutelados.
*Observacións de avaliación:
Manteranse as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao computo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbera
presenciais ate o momento no que se suspendera a actividade presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías