Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios nos contidos da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
*Metodoloxías docentes que se modifican
As clases e atención de dúbidas sobre os temas impartidos fanse a través de Teams.
As titorías de traballos faranse a través de Teams e dun foro en Moodle, para o envío dos avances nos traballo de grupo faranse a través de moodle. A exposición do traballo en grupo faranse por Teams.
Algunhas das tarefas serán adaptadas máis cara a reflexión individual e grupal ao carecer da práctica presencial en clase. O visionado de películas para o seu traballo posterior, faranse a través de Moodle, debido a que se facilítará o enlace directo a mesma.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A través de Moodle, Teams e enderezo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Práctica: 60%
Teoría: 40% (a través dunha proba)
*Observacións de avaliación:
Para o alumnado que non houbese seguido a avaliación continua desde o inicio do curso, estará obrigado a entregar todas as tarefas requiridas ao longo do curso nas datas que se indiquen, antes da data de peche da acta de xuño.
Modalidade online:
Para a modalidade online, contemplada na Memoria de Grao, seguiranse os mesmos criterios de avaliación, dado que non poden ter exames presenciais.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
|