Por abordar os fundamentos da representación gráfica, recoméndase cursar
a asignatura de Xeometría Descriptiva e da Representación de forma previa ou simultánea ao
resto de asignaturas do Área de Expresión Gráfica Arquitectónica.
PRERREQUISITOS
Recoméndase haber cursado a asignatura de Debuxo Técnico en Bacharelato
ou formación equivalente xa que se considera que o alumno debe estar
habituado ao uso dos instrumentos convencionais da representación
gráfica.
Tamén se deberían coñecer os aspectos máis básicos dos diferentes
Sistemas de Representación, especialmente do Sistema Diédrico así como
os trazados básicos da Xeometría Plana (polígonos, cónicas,
trigonometría elemental, etc.). |