Solución de problemas |
1. Exposición e solución de exemplos prácticos acerca dos contidos teóricos.
2. As prácticas e exemplos se intercalan cos contidos teóricos co fin de facilitar a comprensión da materia.
3. Na solución dos exemplos prácticos o alumno pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno.
4. Na aula poderanse formular exercicios que o estudante deberá resolver e entregar ao profesor para a súa avaliaciación.
5. Poderanse formular tamén exercicios a realizar polo alumno en horas non presenciais ou de traballo autónomo. Posteriormente poderase facer unha entrega avaliable e/ou revisión dos exercicios, na que o alumno pode intervir, e abrirase a correspondente quenda de preguntas co fin de aclarar aqueles aspectos que o alumno formule.
6.-Poderanse formular tamén exercicios ou casos prácticos a realizar en pequenos grupos de estudantes (traballo colaborativo) en horas non presenciais ou de traballo autónomo. En horas presenciais posteriores farase unha unha presentación oral nas que os estudantes presentarán os casos resoltos.
As entregas dos exercicios poderán ser fisicas ou online a través das plataforma habilitadas a tal efecto.
|
Proba obxectiva |
1. Consiste nun exame teórico-práctico dos contidos da materia. O exame podería conter preguntas curtas, preguntas a desenvolver, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test (verdadeiro/falso), preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados.
2. O exame pode ser oral ou escrito, presencial ou virtual.
3. Celebraranse nas datas, horas e aulas (en caso de ser presencial) que o Decanato fixe oficialmente. |
Proba de resposta breve |
1. Poderán ser varias ao longo do curso. Consisten nun exame sobre unha parte da materia e pode ser de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple, de preguntas a desenvolver e de preguntas sobre supostos prácticos ou unha combinación delas.
2.- Poderán ser en horario de clase de maneira presencial ou ben de maneira online. |