Análise panorámica das dinámicas políticas e socioeconómicas mundiais desde o século XIX ata o presente
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se levarán a cabo
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: todas as sinaladas na guía docente, agás as Saídas de Campo e a Discusión Dirixida.
As sesións das clases maxistrais reorientarase á explicación sintética de contidos fundamentais e da diversa potencialidade informativa e ao correcto uso das fontes documentais. Traballarase con recursos web (pezas destacadas e visitas virtuais de museos ), con textos dixitalizados polo propio docente ou con materiais de audio e/o vídeo dispoñibles on line.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico. De luns a venres. Para consultas, resolución de dúbidas e titorización de traballos
- Moodle: Luns e martes. O alumnado disporá de foros temáticos asociados aos módulos da materia
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o desenvolvemento dos contidos teóricos na franxa horaria da materia segundo o calendario docente da titulación.
4. Modificacións na avaliación
Non se producen cambios salientables no método que consta na guía docente, agás que:
- A proba obxectiva consistirá nun exame tipo test elaborado a partir dunha síntese de contidos da materia, que o docente porá a dispor don alumnos en Moodle
- A asistencia presencial non computará como criterio de cualificación dende o momento en que se suspenda a presencialidade docente
- Asistencia/participación nas actividades docentes
o Alumnado con dedicación completa: un mínimo de 80%
o Alumnado con adicación a tempo parcial e/ou dispensa académica: un mínimo do 60%
- Requisitos para superar a materia:
o Asistir e participar regularmente nas actividades da clase, cumprindo os prazos de entrega das tarefas académicas de obrigada realización
o Acadar a nota global dun 5 no cómputo global das actividades obxecto de avaliación
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías