A avaliación da materia consistirá nun exame práctico (20% da nota
final), un exame teórico (20%), un traballo final (20%) e os exercicios
prácticos (40%) realizados ao longo da materia.
As competencias, as datas de entrega e os criterios de avaliación
que se desenvolverán en cada proba notificaranse previamente en clase e
publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre.
O alumnado que se atope en modalidades específicas de aprendizaxe
e apoio á diversidade terá a obrigación de realizar todas as probas e
entregalas nas datas sinaladas. As sesións expositivas, os talleres, as probas
avaliables e o traballo final foron deseñados para abarcar o maior grao de
inclusión posible. Se fose necesario e sempre baixo petición previa do
alumnado; realizaranse as adaptacións necesarias para non prexudicar a
cualificación do alumnado.
As sesións expositivas, os talleres, as probas
avaliables e o traballo final foron deseñados para garantir o aprendizaxe
autonómo non presencial; por tanto o alumnado que se atope en situación de
dispensa académica terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas
durante os períodos de tempo sinalados.