A materia de Biomecanica do Membro Inferior supón o coñecemento dos fundamentos da cinemática e cinética do membro inferior tanto analíticamente como na sua globalidade funcional. A través da biomecánica descriptiva e aplicada a sistemas de rexistro, o alumno desarrollará por un lado a descripción do movemento en términos de desplazamento, recorridos angulares e factores estabilizadores do mesmo; así como as forzas responsables dos devanditos sistemas estáticos e/ou dinámicos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se contemplan cambios nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Metodoloxías relativas á avaliación
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Proba mixta: é substituída por unha proba escrita vía Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tal e como se especificaba na guía inicial da materia.
-Proba práctica: substitúese por unha proba oral en tempo real, que incorpora contidos prácticos, a través da ferramenta Microsoft Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada ao alumnado realizarase a través das seguintes ferramentas:
-Microsoft Teams: titorías a demanda do estudantado.
-Moodle: para propocionar todo o material necesario para o desenvolvemento da docencia. Realización de probas e resolución de dúbidas a través dos foros.
-Correo electrónico: para envío de convocatorias, avisos ou resolución de dúbidas a demanda do/da estudante.
4. Modificacións na avaliación
-Proba escrita 70%
Exame vía Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tal e como se especificaba na guía inicial da materia.
-Proba oral 30%. Exame oral en tempo real, que incorpora contidos prácticos a través da ferramenta Microsoft Teams.
*Observacións de avaliación:
Programarase en data e hora a proba escrita e a proba oral.
Para a proba escrita farase a conexión vía Teams 15 ou 30 minutos antes do comezo do exame. Comprobaremos a asistencia do alumnado, a posibilidade de conexión, posibles incidentes e dúbidas. Garantizareos que todos poidan realizar a proba.
Si o/a estudante experimentase algunha dificultade técnica para conectarse ao comezo ou durante a proba, terá que comunicalo de forma inmediata ao profesor a través de chamada telefónica únaa extensión habilitada ao efecto. De non facelo a sú cualificación será de non presentado ou suspenso segundo o caso.
A continuación activarase o exame en Moolde cun tempo programado no que o estudantado subirá as respostas.
O exame oral levará a cabo a través da plataforma Teams ou na súa falta, a través da ferramenta que faga viable esta avaliación.
Para superar a materia requírese ter aprobada a proba escrita e a proba oral (puntuación igual ou superior a 5/10 puntos en cada proba).
Se a cualificación obtida da ponderación da proba escrita e da proba oral resulta igual ou superior a 5/10 puntos, pero una das partes non alcanza o mínimo esixido (5/10 puntos), a cualificación final será de suspenso (cunha puntuación de 4,9/10 puntos).
Se o/a estudante consegue superar unha das partes (proba escritura ou proba oral) no exame de 1ª oportunidade (xaneiro), gardarase a cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xuño/xullo).
A avaliación de segunda oportunidade realizarase seguindo os mesmos criterios.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías