Para superar a materia é necesario obter unha avaliación favorable (50% das respostas correctas do exame) da proba mixta, así como asistir á totalidade das prácticas de laboratorio e obter a cualificación de apto no exame práctico final (50% do peso da cualificación das prácticas) en crusos previos.
Convocatorias de segunda e posteriores matrículas (plan a extinción): Para aqueles estudantes que cursasen a materia e realicen e superen as prácticas de laboratirio obrigatorias, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final. Pero a avaliación será o 100% a proba final.Outorgarase a cualificación de non presentado a aqueles estudantes que non acudan á proba mixta.